SANTIAGO DE COMPOSTELA
Santiago de Compostela en imaxes
Como chegar
- En coche

Para chegar a Santiago pódese acceder pola Autopista do Atlántico AP-9, que conecta Santiago de Compostela con A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Tui e fronteira portuguesa; e pola Autoestrada AP-53, que enlaza Santiago con Lalín, onde conecta coa N-525 a Ourense e Madrid.
En canto autovías, están a do Noroeste A-6, que comunica a través de Lugo có resto de España; a Autovía das Rías Baixas A-52, que comunica Galicia có resto de España a través da provincia de Ourense. A Estrada Nacional N-634 conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica (enlace con Santiago a través da Autovía del Noroeste A-6).
De longo percorrido, hai tres trens diarios directos enlazan con Madrid (TALGO e Expreso), e un con Bilbao e Hendaia. En canto aos rexionais, cada hora saen trens para os principais destinos de Galicia -A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo -con enlaces a Portugal-. Tamén hai conexión directa continua coa cidade de Ourense.
O Transcantábrico, o tren panorámico que percorre o norte e noroeste de España, a chamada ‘España Verde’, parte de San Sebastián, no País Vasco, ata Santiago de Compostela.
O aeroporto santiagués atópase en Lavacolla, a uns 10 km de Santiago (15 min. en coche. Nel operan Iberia, Spanair, Air Europa, Ryanair, Air Berlín, Vueling, Plaza, Aer Lingus e Clickair.
- Visita a nosa guía do Camiño para obter información dos Camiños de Santiago
Cómo moverse en Santiago

Unha vez en Santiago, descubrirá que é unha cidade cómoda na que moverse e onde os deprazamentos se poden facer tranquilamente paseando, en bici, utilizando o transporte público ou en vehículo particular.
Ademais, a organización proporcionará a todos os clubes e publicará na súa web o calendario do torneo e os estadios e os recintos deportivos onde se disputará.
Que facer
Compostela é unha cidade cosmopolita, onde conviven os seus habitantes con estudantes, peregrinos, congresistas e artistas.
Aquí ofrecemos unha serie de recomendacións con enlaces para facilitar a visita a Santiago.

- Imprescindible é para o visitante dar un paseo pola zona vella, polas súas rúas e ruelas, sendo o lugar perfecto onde tomar un café, unhas tapas, ou simplemente mercar uns agasallos e realizar compras.
- Desfrutar dunha comida típica nun dos restaurantes das rúas do Franco, A Raíña, San Pedro… é unha experiencia moi recomendable.
- Para mercar produtos típicos galegos e de calidade, o Mercado de Abastos da zona vella é o lugar idóneo onde atopalos.
- Obrigatorias son a visita á Catedral de Santiago e a súas cubertas, onde se pode gozar das mellores vistas da cidade.
- Nos museos de Santiago poderase coñecer diversos aspectos da nosa tradición, dende a cultura tradicional galega no Museo do Pobo Galego, a historia da peregrinación a Santiago no Museo das Peregrinacións, ata as diversas especies mundiais de fauna e flora que se expoñen no Museo de Historia Natural.
- Para os amantes da tranquilidade, recomendable é a visita aos parques de Santiago, como o de Bonaval ou a Alameda, onde se pode desfrutar dunhas excelentes vistas panorámicas da cidade.
- Na web Compostela Cultura encontrará toda a información sobre os espectáculos programados.
Máis información nas webs de Santiago Turismo, Compostela Cultura, Concello Santiago; e máis fotos en Flickr.
Gastronomía compostelana
Se existe máis dun motivo para visitar Santiago, é pola súa famosa gastronomía caracterizada por produtos de calidade do mar e da terra, e perfecta para o os aficionados a comer ben y moito. No Mercado de Abastos, os visitantes poderán coñecer os mellores produtos da dieta atlántica, onde se ofrecen produtos frescos, no mesmo día desembarcados nos portos ou acabados de sair da orta. Todo tipo de mariscos, peixes, carnes, verduras, licores, flores e sementes, mostranse neste pintoresco mercado.
Diante da mesa, as opcións dependen do tamaño da fame: o apetito maior pode saciarse cun menú de tres platos, por un prezo que pode incluir pan e bebida; as ganas de picar responden máis a unha comida informal composta por ‘racións’, é decir, fontes de calamares, mexillóns, empanada, chipiróns, pulpo á feira, tortilla, pementos de Padrón, ensalada, táboas de queixos ou embutidos pensados para ser consumidos en grupo, e ben acompañados dun Ribeiro ou Albariño.
Santiago tamén dispón de establecementos cunha cociña máis elaborada, onde poder desfrutar dos mellores mariscos e pescados, tanto de mar coma de río, e tamén da nova cociña.
Os máis larpeiros están tamén de parabéns, xa que Santiago ofrece multitude de postres que desfrutar, comezando a sobremesa cos queixos de Tetilla, Arzúa-Ulloa, de San Simón e do Cebreiro, acompañados de pan ou de membrelo. A améndoa é a protagonista nas tortas de Santiago, pedras de Santiago (cubertas de chocolate) e os caprichos de Santiago, pero tamén destacan as filloas (similares ás crêpes francesas), a tarta de queixo ou leite frita.
O remate natural de calquera enchenta son as augardentes ou oruxos, que poden tomar forma de licor de herbas, licor café e moitas máis. A caña é tamén a base das “queimadas”, que poñen a arder o oruxo con azucre, pelas de laranxa ou limón e graos de café namentres se recita un conxuro contra os maleficios de meigas e trasnos.




