QUE É A COMPOSTELA CUP

Descarga toda a información da Compostela Cup 2010 en PDF

Descarga aquí toda a  información da informacion_da_compostela_cup

Compostela Cup do Camiño

A Compostela Cup do Camiño representa a resposta deportiva e de lecer que ofrecen os distintos Camiños que levan a Santiago de Compostela, aos mozos e mozas.

Este Torneo ten por obxecto unir o deporte e o Camiño de Santiago, dous conceptos que reunidos expresan un soño dun mundo máis solidario e sen fronteiras, mantendo o espírito da súa orixe, o fomento do deporte e dos valores engadidos á práctica de calquera disciplina deportiva: solidaridade, esforzo, traballo en equipo, tolerancia ou sacrificio.

O soño de intercambiar ideas, pensamentos e coñecementos con outros deportistas de nacións diferentes. Mozos e mozas de todos os países van gozar dos seus xogos preferidos e convivirán en torno ao Camiño compartindo experiencias e culturas diferentes.

Máis de 1.000 equipos participantes ao longo do Camiño. Máis de 15.000 deportistas chegados de todo o mundo a Santiago. Santiago de Compostela como referencia, como punto de encontro entre os deportistas de distintas especialidades deportivas: Atletismo, Fútbol, Fútbol Sala, Baloncesto, Balonmán, Ciclismo, Xadrez, Karate, Taekwondo, Tenis de Mesa, etc.

Historia

A Compostela Cup do Camiño é unha competición posta en marcha pola Fundación Compostela en 2005. Na súa primeira edición contaba con dúas modalidades deportivas: fútbol e fútbol 7. No 2006 sumáronse o baloncesto e o fútbol sala, mentres que na pasada edición foron o balonmán e o fútbol de veteranos.

Na edición do 2008, ás disciplinas deportivas mencionadas, uníronse o atletismo en pista e ruta así como o ciclismo. E na presente do 2009, engadíronse o Tenis de Mesa e o Xadrez. Ademáis, de forma progresiva tamén foron aumentando o número de categorías de cada un destes deportes.

O incremento do número de modalidades deportivas no Torneo supuxo que fose crecendo o número de participantes e dos seus lugares de procedencia: Galicia, doutras autonomías do territorio español e do estranxeiro, fomentando o intercambio cultural, de experiencias, pensamentos ou ideas.

O novo deseño nace coa finalidade de dar a coñecer o Patrimonio Cultural, Natural e Mitolóxico galego, polo que desde a terceira edición as fases previas do torneo: locais e comarcais, dispútanse ao longo de distintos concellos, pertencentes ás catro provincias galegas, a municipios doutras comunidades autónomas españolas e de Portugal, que forman parte do Camiño de Santiago.

Ofrecémosvos uns cantos enlaces para que vaias descubrindo máis sobre ela.

Como chegar

ningún problema!

O noso equipo ten preparados uns paquetes e guías de transporte á vosa medida.

Onde aloxarse

Nos mellores establecementos!

Coñece as nosas propostas de aloxamento.

Qué facer

Santiago é unha cidade rebosante de opcións de lecer e cultura.

Informate de todo na nosa sección de turismo

O Torneo

E, o que máis che importa, o torneo.

Visita esta sección e entérate de todos os detalles.

Inscrición

E non o dubides máis…

Inscríbete!

Novas

Enterate de todo o que está a pasar…

Visita a sección de novas


Caixanova Xacobeo Fundacion Xunta de Galicia. Normalizacion Linguistica

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress 17queries. 1.026

Ver nota legal